JEAN-FRANÇOIS Y EL SENTIDO DE LA VIDA
DIRECCIÓN:
Sergi Portabella
REPARTO:
Max Megías, Claudia Vega, Ágata Roca, Pau Durá e Theo Cholbi
DURACIÓN:
90′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
España
ANO:
2018
XÉNERO:
Dramedia
IDADE:
12+
SINOPSE:
Conta a historia de Francesc, un neno solitario de 13 anos, que atopa na escola o libro “O mito de Sísifo” do escritor Albert Camus polo que queda fascinado. A partires deste momento decide converterse en existencialista, súbese o colo da chaqueta e faise chamar Jean-François. O seu novo obxectivo será ir a París a atopar a Camus.
Lluna, unha adolescente que vive o presente, acompañará a Francesc na súa aventura cunha única condición: parar polo camiño para volver a atoparse co mozo francés co que tivera unha historia o verán pasado. Xuntos emprenden unha viaxe para, con Camus ou sen el, descubrir cal é o sentido da vida.
RECOÑECEMENTOS:
D’A Film Festival: seleccionada.
Festival de Berlín: seleccionada na sección Talents.
Premios Gaudí: nomeada a Mellor Película e Mellor Música Orixinal.