Catálogo filmes CNR
JACINTO
DIRECCIÓN:
Javi Camino
REPARTO:
Pedro Brandariz, Ánxela Baltar, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buitrón e Corinna Rautenberg.
DURACIÓN:
95′
IDIOMA:
Galego
PAÍS:
Galicia, España
ANO:
2021
XÉNERO:
Misterio – Terror
IDADE:
Maiores de 16 anos
SINOPSE:
Jacinto é un neno de nove anos pechado no corpo dun home que está preto dos cincuenta. Vive cos seus anciáns pais en Mallou, unha vila en ruinas no medio das montañas de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan. Jacinto fabricou un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana, dúas escuras artistas black metaleras que veñen desde Suecia en busca dun lugar tranquilo onde grabar o novo disco da súa banda “Tardigrades”. Os mundos de ambas familias non poderían ser máis diferentes, e non tardan en darse os primeiros roces e problemas. Jacinto ten moi claro que Mallou é demasiado pequeno para os cinco. Igual que nas películas, ten que elaborar un plan para facer desaparecer ás recén chegadas e traer a paz á súa familia.
RECOÑECEMENTOS:
Austin Film Festival: Premio do Xurado
GenreBlast Film Festival: Mellor Longametraxe de Medianoite e mellor Actor de Reparto (Juanma Buitrón)
Premios Mestre Mateo: Mellor Actor (Pedro Brandariz), Deseño de Vestiario, Dirección de Arte e Maquillaxe e Perruquería
Festival de Sitges: Premio do Público
Festival de Cine Fantástico de Bilbao: Premio do Xurado a mellor Longametraxe
Festival de Cine Isla Calavera: Mellor Longametraxe
Santiago Horror: Mellor B.S.O.
Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa: Premio do Público
FKM: Premio a mellor Longametraxe, Guión e Interpretación (Pedro Brandariz)
Feratum Film Festival-Competencia Iberoamericana: Mellor Longametraxe de Terror
Buenos Aires Rojo Sangre-Competencia Iberoamericana: Premio a Pedro Brandariz