Catálogo filmes CNR
Hotel Transilvania 2
DIRECCIÓN:
Genndy Tartakovsky
DURACIÓN:
89′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Estados Unidos
ANO:
2015
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Todos os públicos
SINOPSE:
Todo parece estar mellorando no Hotel Transilvania. A ríxida regra establecida por Drácula de “só para monstros” foi abolida e tamén se aceptan humanos. O que lle preocupa ao conde é que o seu adorable neto medio humano e medio vampiro Dennis non dea mostras de vampirismo. Aproveitando que Mavis foi a visitar aos seus sogros humanos, Drácula recluta aos seus amigos Frank, Murray, Wayne e Griffin para facer que Dennis atravese un campamento de “adestramento de monstros”. O que non saben é que Vlad, o malhumorado pai de Drácula, está a piques de chegar ao hotel. E cando se entere de que o seu bisneto non é un sangue puro e que os humanos poden frecuentar o establecemento, as cousas complicaranse.