Un poderoso home de negocios pretende construír unha estrada e a Sra. D’Abondo ve a súa oportunidade para acabar co bosque. Os animais teñen que fuxir, pero as toupas Furi e Linda e o rato Piorno non pensan renderse, e tampouco Cebolo, unha toupa asustadiza recentemente chegada da cidade. Cando descobren de que ten medo a Sra D’Abondo, Furi propón dar “vida” ao espírito do bosque.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Goya: Nomeamento a mellor Película de Animación
Festival de Cine Infantil de Chicago: Nomeamento a mellor Película