ESO QUE TÚ ME DAS
DIRECCIÓN:
Jordi Évole e Ramón Lara
DURACIÓN:
65′
PAÍS:
España
ANO:
2020
XÉNERO:
Documental
IDADE:
Para todos os públicos
SINOPSE:
En 2015, ao cantante Pau Donés, de «Jarabe de Palo», diagnostícanlle un cancro co que conviviu durante 5 anos. Vinte días antes de morrer chamou ao seu amigo Jordi Évole dende o hospital, e díxolle: «Quédanme moi pouquiños días de vida e quero pasalos na miña casa do Val de Arán. Gustaríame que subises, puidésemos ter unha charla, que a graves e fagas con ela o que queiras». «Eso que tú me das» é o resultado desa charla.





