Entre Copas

XÉNERO:

Drama

IDADE:

Maiores de 12 anos

SINOPSE:

Miles, un divorciado deprimido, aspirante a escritor e apaixonado do viño, propón ao seu vello amigo Jack, un actor fracasado que está a piques de casar, facer unha viaxe para visitar viñedos e probar viños antes da súa voda. Forman unha estraña parella: Jack é un sedutor; Miles, un pesimista. Jack pretende saborear os seus últimos días de liberdade, Miles só aspira a paladear un viño perfecto. Jack confórmase cun Merlot barato, Miles morre polo perfecto Pinot. De feito, o único que teñen en común son as súas ambicións erradas e a perda da mocidade.

TRÁILER: