Catálogo filmes CNR

EMPIEZA EL BAILE

DIRECCIÓN:

Marina Seresesky

REPARTO:

Darío Grandinetti, Mercedes Morán, Jorge Marrale, Pastora Vega, Agostina Pozzi, Lautaro Zera, Marcelo Xicarts e Carolina Sobisch

DURACIÓN:

98′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Arxentina

ANO:

2023

XÉNERO:

Comedia

IDADE:

Maiores de 12 anos

SINOPSE:

Carlos e Margarita foron a parella de tango máis famosa e recoñecida da súa época. Hoxe, pouco e nada queda dese esplendor, desa paixón que os levou a compartir escenarios, viaxes e vida… Carlos vive en Madrid, disfrutando da segunda oportunidade que lle deu a vida e Margarita vive en Bos Aires inmersa na pobreza e o esquecemento, pero con ese humor retranqueiro e canalla que sempre a caracterizou.

Xunto ao seu inseparable amigo Pichuquito, a parella inicia unha viaxe dende a cidade de Carlos Gardel ata o pé da cordilleira dos Andes en busca de respostas, que os enfrontará ás súas lembranzas, aos seus medos, pero sobre todo aos seus verdadeiros desexos.

RECOÑECEMENTOS:

Festival de Málaga: Premio do Público e Premio ao Mellor Actor de Reparto (Jorge Marrale)

TRÁILER: