Catálogo filmes CNR
EL NIÑO Y EL MUNDO
DIRECCIÓN:
Alê Abreu
DURACIÓN:
80′
IDIOMA:
Sen diálogos
PAÍS:
Brasil
ANO:
2013
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Maiores de 7 anos
SINOPSE:
Un neno vive coa súa familia nunha idílica zona rural de Brasil, ata que o seu pai ten que marchar a traballar a cidade. O neno decide emprender unha viaxe para buscalo, nunha aventura apaixonante na que descubrirá outro mundo controlado pola tecnoloxía, as máquinas e os medios de comunicación. Unha realidade que o neno contemplará cos seu ollos infantiles, intentando sobrevivir, sempre coma un xogo e dun xeito inocente.
Unha viaxe lírica e onírica que ilustra os dilemas do mundo actual baixo a mirada inocente dun neno. Unha excepcional xoia da animación actual
RECOÑECEMENTOS
Premios Oscar 2016: Nomeamento á mellor Longametraxe de Animación
Festival de Annecy 2014: Premio á mellor Longametraxe e Premio do Público
Premios Platino: Mellor Película de Animación
Premios Annie: Mellor Filme Independente
Festival Internacional de Shangai 2014: Premio Especial do Xurado
Festival Internacional de Cinema de Sao Paulo: Premio da Xuventude
Festival do Novo Cine Latinoamericano da Habana: Mellor Longametraxe de Animación