Catálogo filmes CNR
EL FOTÓGRAFO DE MAUTHAUSEN
DIRECCIÓN:
Mar Targarona
REPARTO:
Mario Casas, Richard van Weyden, Alain Hernández, Adrià Salazar, Stefan Weinert, Macarena Gómez, Frank Feys, Rubén Yuste, Eduard Buch, Efrain Anglès
DURACIÓN:
110′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
España
ANO:
2018
XÉNERO:
Drama
IDADE:
Maiores de 16 anos
SINOPSE:
Coa axuda dun grupo de prisioneiros españois que lideran a organización clandestina do campo de concentración de Mauthausen, Francesc Boix, un preso que traballa no laboratorio fotográfico, arrisca a súa vida ao planear a evasión duns negativos que demostrarán ao mundo as atrocidades cometidas polos nazis. Miles de imaxes que mostran dende dentro toda a crueldade dun sistema perverso.
As fotografías que lograron salvar Boix e os seus compañeiros foron determinantes para condenar a altos cargos nazis nos xuízos de Núremberg en 1946. Boix foi o único español que asistiu como testemuña.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Gaudí: Mellor Dirección de Produción, Dirección Artística, Vestiario e Mellor Maquillaxe e Perruquería