EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE T.S. SPIVET

DIRECCIÓN:

Jean-Pierre Jeunet

REPARTO:

Judy Davis, Kyle Catlett, Julian Richings, Helena Bonham Carter, Robert Millet, Niamh Wilson e Callum Keith Rennie

DURACIÓN:

105′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Francia e Canadá

ANO:

2014

XÉNERO:

Aventuras – Dramedia – Infantil

IDADE:

7+

SINOPSE:

T.S. Spivet é un xenio de 12 anos que vive nunha granxa en Montana coa súa peculiar familia. O seu gran talento para a cartografía e os inventos pronto ten recompensa. Unha institución científica concédelle un pretixioso premio e, armado cunha pequena maleta, disponse a cruzar o país para recollelo.

O nomeado ao Óscar Jean Pierre-Jeunet (“Amelie”) contou cun orzamento de máis de 30 millóns de euros para dirixir a adaptación en 3D do best-seller “Las obras escogidas de T.S. Spivet”, publicado en España por Seix Barral. Un fenómeno editorial en 26 países, con grandes reseñas e no top de todos os ránkings de vendas.

RECOÑECEMENTOS:

Película de clausura do Festival de San Sebastián – Premiere Mundial

Premios César: Mellor Fotografía

TRÁILER: