Catálogo filmes CNR

Dolor y Gloria

DIRECCIÓN:

Pedro Almodóvar

REPARTO:

Antonio Banderas, Penélope Cruz, Asier Etxeandía, Leonardo Sbaraglia, Nora Navas, Julieta Serrano, Julián López

DURACIÓN:

108′

IDIOMA:

Español

PAÍS:

España

XÉNERO:

Drama

IDADE:

Maiores de 16 anos

SINOPSE:

Narra unha serie de reencontros na vida de Salvador Mallo, un director de cine no seu declive. Algúns deles físicos, e outros recordados, como a súa infancia na década dos 60, cando emigrou cos seus pais a Paterna, unha cidade de Valencia, en busca de prosperidade, así como o seu primeiro desexo, o seu primeiro amor adulto xa en Madrid na década dos 80, a dor da ruptura deste amor cando aínda estaba vivo e palpitante, a escritura como única terapia para esquecer o inesquecible, o temperán descubrimento do cinema e o baleiro, o baleiro inconmensurable ante a imposibilidade de seguir rodando.

Dor e gloria fala da creación, da dificultade de separala da vida mesma e das paixóns que lle dan sentido e esperanza. Ao recuperarse do seu pasado, Salvador atopa a urxente necesidade de escribir de novo.

RECOÑECEMENTOS:

Festival de Cine de Cannes: Premio ao mellor Intérprete Masculino (Antonio Banderas)

Fotogramas de Plata: Premio ao mellor Actor e á mellor Película Española segundo a Crítica

Medallas CEC (Círculo de Escritores Cinematográficos): Medallas ao mellor Actor, Director, Guión Orixinal, Música e Película

Festival Internacional de Cine de Palm Springs: Premio ao mellor Actor Internacional (Antonio Banderas)

Premios ALMA- Sindicato de Guionistas-: Mellor Guión de Longametraxe Dramática

Premios Ariel: Mellor Película Iberoamericana

Premios do Cine Europeo: Mellor Actor Europeo (Antonio Banderas) e Dirección Artística

Premios Feroz: Mellor Actor Protagonista, Actrz de Reparto (Julieta Serrano), Dirección, Guión, Película e Son

Globos de Oro: Mellor Longametraxe de Fala non Inglesa

Premios Goya: Mellor Actor Protagonista (Antonio Banderas), Actriz de Reparto (Julieta Serrano), Dirección, Guión Orixinal, Montaxe, Música Oroxinal e mellor Película

TRÁILER: