DESCARRILADOS

DIRECCIÓN:

Fer García-Ruiz

REPARTO:

Julián López, Arturo Valls, Ernesto Sevilla, Dafne Fernández, Alejandro Mesa, Ana Milán, Lesley Grant, Alicia Fernández, Jordi Aguilar e Areta Bolado.

DURACIÓN:

98′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

España

ANO:

2021

XÉNERO:

Comedia – Aventuras

IDADE:

+12

SINOPSE:

No ano 2000, con vinte e pico anos, Pepo, Roge, Costa e Juan Luís emprenderon a viaxe soñada: o Interraíl. Pero na súa primeira parada en París, a aventura, e de paso a súa amizade, acabou de maneira abrupta. Vinte anos despois, Juan Luís faleceu e, como última vontade, decidiu doar a súa zumarenta herdanza aos seus tres antigos amigos. Pero a cambio pídelles que fagan o Interraíl que non puideron facer cunhas divertidas condicións… teñen que levar con eles as cinzas do seu amigo para que poida “vivir” a experiencia con eles. Por “amor” a Juan Luís, estes tres adolescentes de 40 anos terán que resolver as súas diferenzas, visitar as mesmas cidades e vivir as mesmas esmorgas, pero dun modo moito máis patético. E co colesterol polas nubes.

RECOÑECEMENTOS:

Festival Internacional de Cine de Almería: nomeada a Mellor Ópera Prima

TRÁILER: