Riley entra na adolescencia e o Cuartel Xeral da súa cabeza sofre unha repentina reforma para facerlle oco a algo totalmente inesperado propio da puberdade: Novas emocións! Alegría, Tristeza, Ira, Medo e Noxo, con anos de impecable xestión ás súas costas (segundo eles…) non saben moi ben que sentir cando aparece con enorme ímpeto Ansiedade. E non vén soa: acompáñanlle Envexa, Vergoña e Aburrimento.