D’ARTACÁN Y LOS TRES MOSQUEPERROS

DIRECCIÓN:

Tony García

DURACIÓN:

88′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

España

ANO:

2021

XÉNERO:

Infantil – Animación – Aventuras – Comedia

IDADE:

Para todos os públicos

Especialmente recomendada para a infancia

SINOPSE:

D’Artacán é un mozo impetuoso e inocentón que viaxa a París para facer realidade o maior dos seus soños: unirse ao corpo de Mosqueperros da súa Maxestade. Unha aventura chea de amizade, honra, xustiza, acción e, sobre todo, moitísima comedia: Un pra todos e todos para un! Unha versión actualizada do clásico dos 80 inspirada na novela máis famosa de Alejandro Dumas.

Creada por Claudio Biern Boyd, responsable de clásicos universais como D’Artacán, Willy Fog ou David el Gnomo, a película está drixida por Toni García, ilustrador en series como “El retorno de D’Artacán”, “Las 1001 Américas” e “Cobi” e director creativo e de arte de series como “Mortadelo y Filemón”, “Gnomos 3” e “Zipi y Zape” entre outras. “D’Artacán y los tres Mosqueperros” conta co guionista estadounidense Doug Langdale, responsable de películas de animación como “Scooby-Doo! Shaggy’s Showdown”.

TRÁILER: