Catálogo filmes CNR
CAVERNÍCOLA
DIRECCIÓN:
Nick Park
DURACIÓN:
89′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Reino Unido
ANO:
2018
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia
SINOPSE:
Dug e Hognob son un cavernícola e un xabarín dunha tribu da Idade de Pedra. Unha civilización que se enfronta á chegada duns invasores liderados polo moderno e malvado villano Lord Nooth, que pretende instaurar a Idade de Bronce. Co obxectivo de facerse un oco na historia, competirán da mellor forma que os seus ancestros lles ensinaron: co “xogo sagrado”.
E é que estes cavernícolas acaban de inventar accidentalmente o fútbol. Será o partido máis épico da historia xa que está en xogo a supervivencia da tribu de Dug e a súa mascota, que terán que sortear con gracia e astucia múltiples perigos e derrotar ao malvado Lord Nooth para non perder o seu fogar.
RECOÑECEMENTOS:
British Independent Film Awards: Mellores Efectos
Premios Annie: 7 nomeamentos
European Film Awards: Nomeada a mellor Película de Animación Europea
National Film Awards (UK): 4 nomeamentos