Catálogo filmes CNR
ARRIETTY Y EL MUNDO DE LOS DIMINUTOS
DIRECCIÓN:
Hiromasa Yonebayashi
DURACIÓN:
94′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Xapón
ANO:
2011
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Para todos os públicos e especialmente indicado para a infancia
SINOPSE:
Nunha casiña oculta baixo as táboas do chan dunha mansión campestre, vive unha familia de seres diminutos, de apenas 10 cm. de altura, que teñen a norma de non deixarse ver nunca polos seres humanos; non obstante, a súa tranquila existencia cambia cando Arrietty, unha audaz adolescente, é vista accidentalmente por un neno que se acaba de establecer na casa debido á súa delicada saúde. Ao tempo que entre ambos xorde unha gran amizade, a existencia dos diminutos seres verase perigosamente ameazada…
Adaptación do conto infantil, The Borrowers escrito por Mary Norton e ambientado no Tokio contemporáneo.
RECOÑECEMENTOS:
Premios da Academia Xaponesa: Mellor Película de Animación
International Cinephile Society Awards: Mellor Película de Animación
Tokyo Anime Award: Película de Animación do Ano, Mellor Dirección de Arte, Mellor Dirección e Mellor Música, entre outros.