Catálogo filmes CNR

ALITA: ÁNGEL DE COMBATE

DIRECCIÓN:

Robert Rodríguez

REPARTO:

Rosa Salazar, Christoph Waltz, Jennifer Connelly, Jackie Earle Haley, Ed Skrein, Mahershala Ali, Lana Condor, Keean Johnson, Jorge Lendeborg Jr. e Eiza González

DURACIÓN:

121′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Estados Unidos

ANO:

2019

XÉNERO:

Acción

IDADE:

Maiores de 12 anos

SINOPSE:

Cando Alita esperta sen lembrar quen é nun mundo futuro que non recoñece, Ido, un doutor compasivo, dáse conta de que nalgún lugar dese cascarón de cyborg abandonado hai o corazón e a alma dunha muller nova cun pasado extraordinario. Mentres Alita se fai cargo da súa nova vida e aprende a adaptarse ás perigosas rúas de Iron City, Ido intentará protexela do seu propio pasado, mentres que o seu novo amigo Hugo ofrecerase a axudala a desenterrar os seus recordos.

Cando as forzas mortais e corruptas que rexentan a cidade comezan a perseguir a Alita, descobre unha pista chave sobre o seu pasado: posúe unhas habilidades de combate únicas que os que están no poder queren controlar custe o que custe. Só manténdose fóra do alcance pode salvar aos seus amigos, á súa familia e ao mundo que aprendeu a amar.

Remake do clásico anime de 1993, Alita, Ángel de Combate.

RECOÑECEMENTOS:

Premios Satellite: Mellores Efectos Visuais

Premios Annie: Nomeada á Mellor Animación de Personaxes en Película Non Animada

TRÁILER: