Catálogo filmes CNR

20.000 ESPECIES DE ABEJAS

DIRECCIÓN:

Estíbaliz Urresola Soleguren

REPARTO:

Sofía Otero, Patricia López Arnaiz, Ane Gabaraín, Itziar Lazkano, Martxelo Rubio, Sara Cózar, Miguel Garcés, Unax Hayden

DURACIÓN:

129′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

España

ANO:

2023

XÉNERO:

Drama

IDADE:

Maiores de 7 anos

Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero

SINOPSE:

Cocó, de oito anos, non encaixa nas espectativas do resto e non entende por que. Todos ao seu arredor insisten en chamala Aitor pero non se recoñece nese nome nin na mirada dos demais. Súa nai Ane, sumida nunha crise profesional e sentimental, aproveitará as vacacións para viaxar cos seus fillos á casa materna, onde reside súa nai Lita e súa tía Lourdes, estreitamente ligada á cría de abellas e á produción de mel.

Este verán que cambiará as súas vidas obrigará a estas mulleres de tres xeracións moi distintas a enfrontarse ás súas dúbidas e temores.

RECOÑECEMENTOS:

Festival de Málaga: Premios a mellor Película Española, Actriz de Reparto (Patricia López Arnaiz) e Película

Festival Internacional de Cine de Berlín (Berlinale): Premio a mellor Actriz Protagonista (Sofía Otero) e Dirección

Festival Internacional de Cine de Hong Kong: Premio a mellor Actriz Internacional (Sofía Otero) na Competición de Novos Talentos

Festival Internacional de Cine de Seattle: Premio a mellor Película

Premios Goya: Mellor Guión Orixinal, Dirección Novel e Actriz de Reparto (Ane Gabarain)
Premios Gaudí: Mellor Película en Lingua No Catalana, Nova Directora e Fotografía
Premios Forqué: Mellor Película e Premio ao Cine e Educación en Valores
Premios Feroz: Mellor Película Dramática e Actriz de Reparto (Patricia López Arnáiz)
Premios Platino do Cine Iberoamericano: Mellor Guión, Actriz de Reparto (Ane Gabaraín), Ópera Prima e Premio Cine e Educación en Valores

TRÁILER: