Catálogo filmes CNR
12 AÑOS DE ESCLAVITUD
DIRECCIÓN:
Steve McQueen
REPARTO:
Chiwetel Ejiofor, Michael Fassbender, Lupita Nyong’o, Paul Dano, Paul Giamatti, Benedict Cumberbatch, Sarah Paulson, Brad Pitt, Alfre Woodard, Adepero Oduye
DURACIÓN:
133′
PAÍS:
Estados Unidos
ANO:
2013
XÉNERO:
Drama
IDADE:
Maiores de 16 anos
SINOPSE:
Baseada nun feito real ocorrido en 1850, narra a historia de Solomon Northup, un culto músico negro que vivía coa súa familia en Nova York. Tras tomar unha copa con dous homes, Solomon descobre que foi drogado e secuestrado para ser vendido como escravo nunha plantación de Louisiana. Solomon contempla como todos ao seu arredor sucumben á violencia e á desesperación. Pero el decide non renderse e esperar a que chegue o momento oportuno para recuperar a liberdade e volver coa súa familia.
RECOÑECEMENTOS:
Gañadora de 242 premios e nomeada a 337. Algúns destes son:
Premios Oscar: Mellor Película, Actriz de Reparto (Lupita Nyong’o) e ao Guión Adaptado
Premios BAFTA: Mellor Película e Actor Protagonista (Chiwetel Ejiofor)
Premios AACTA: Mellor Actor Protagonista (Chiwetel Ejiofor) e Actor de Reparto (Michael Fassbender)
Acapulco Black Film Festival: Premio ao Mellor Actor (Chiwetel Ejiofor), Actriz de Reparto (Lupita Nyong’o), Guión e Dirección
Aliance of Women Film Journalists: Premio á Mellor Dirección, Actriz de Reparto (Lupita Nyong’o), Guión Adaptado, Película e Mellor Interpretación (Lupita Nyong’o)
Premios BET: Mellor Película, Actor (Chiwetel Ejiofor) e Actriz (Lupita Nyong’o)
Empire Awards (UK): Premio ao Mellor Actor de Reparto (Michael Fassbender)
Premios Sant Jordi: Premio á Mellor Película Estranxeira