Bases Legais Sorteo Warner

BASES LEGAIS SORTEO WARNER

  1. ENTIDADE ORGANIZADORA

MISTER MISTO PRODUCTION AND SERVICES, con domicilio social en Rúa López Ballesteros n13, Estación de Autobuses – Local 1, Vilagarcía de Arousa, levará a cabo un sorteo dun bono canxeable para realizar unha viaxe para catro persoas (preferentemente 2 adultos e 2 nenos) ao Parque Warner de Madrid, que se desenvolverá conforme ao establecido nas presentes bases.

 

  1. AXENCIA COLABORADORA

EL SALÓN DE TUS VIAJES, con domicilio social en Rúa Edelmiro Trillo, n10, Vilagarcía de Arousa, é a axencia de viaxes colaboradora, coa que o gañador contactará para acordar as datas e as condicións de dita viaxe.

A forma de contacto pode ser presencial ou a través do correo electrónico info@elsalondetusviajes.com ou por teléfono no (+34) 986 185 995 ou no (+34) 698 127 327.

 

  1. DURACIÓN E ÁMBITO DE APLICACIÓN

O sorteo realizarase na conta oficial de Instagram de Cine na Rúa (@cinenaruagal).

O sorteo comezará o 1 de agosto de 2023 e durará ata o 31 de agosto de 2023. As participacións que sucedan antes ou despois de ditas datas non se terán en conta.

Esta promoción só é válida en España.

 

  1. REQUISITOS E MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN

Poderán participar nesta promoción:

  • As persoas físicas;
  • Maiores de 18 anos antes do peche da vixencia das participacións;
  • Con residencia legal en España;
  • Que conten cun perfil de usuario en Instagram (non serán válidas “contas concurso” nin “bots”);
  • Que sexan seguidoras do perfil oficial de Cine na Rúa (https://www.instagram.com/cinenaruagal/). Isto poderá comprobarse polos medios que as citadas plataformas sociais faciliten e, en caso de que por axustes de privacidade ou da propia plataforma non se poda comprobar, darase por válido.

Para participar, o usuario terá que mencionar a dous amigos na publicación do sorteo, utilizar o hashtag #sorteowarnercnr no comentario da publicación e compartir a publicación nas súas historias mencionando á conta oficial de Cine na Rúa.

Os usuarios que, ademais disto, compartan unha fotografía nunha das proxeccións de Cine na Rúa e mencionen á conta oficial, contarán cunha participación extra no sorteo.

A este respecto, non estarán permitidas as participacións cuxo contido se considere inadecuado, ofensivo, inxurioso, discrimatorio ou que poidan vulnerar os dereitos de terceiros, reservándose a entidade organizadora a posibilidade de descalificar aos participantes que incurran niso e de denunciar este contido.

O usuario poderá participar as veces que queira, pero só contará unha vez pola plataforma, sendo só válida a primeira participación.

 

  1. CONTIDO DO PREMIO E DATAS

Sortearase un bono canxeable por unha viaxe ao Parque Warner Madrid por un valor de 600 euros para catro persoas (preferentemente 2 adultos e 2 nenos). O bono incluirá transporte, aloxamento e as entradas ao parque. No caso de existir, a diferencia do prezo total deberá abonala o usuario.

O bono poderá ser canxeado entre o 1 de setembro de 2023 ata o 31 de marzo de 2024.

O contido do premio está suxeito a posibles cambios que poidan xurdir por motivos alleos á vontade da entidade organizadora. Queda prohibida a venda ou comercialización do premio por parte do gañador.

O premio non poderá canxearse polo seu valor en metálico nin por outro produto ou servizo. Por causa de forza maior ou a discreción de Mister Misto Production and Services, o premio poderá ser substituído por outro equivalente.

Mister Misto Production and Services non se responsabiliza das posibles perdas, deterioros, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros ou ao propio gañador que poidan afectar ao desenvolvemento da presente promoción ou ao premio.

 

  1. COMUNICACIÓN DO GAÑADOR, RECLAMACIÓNS E ENTREGA DE PREMIO

Unha aplicación externa aleatoria determinará o gañador correspondente por sorteo entre os participantes segundo as datas descritas no punto 5.

O anuncio do gañador realizarase mediante un ou varios destes métodos, a criterio da entidade organizadora:

  • Unha nota na páxina web de Cine na Rúa (cinenarua.com), que poderá difundirse nos perfís de Twitter, Instagram e/ou Facebook.
  • Unha mensaxe ao gañador, público ou privado, se a plataforma e privacidade do gañador o permitiran.

O gañador deberá enviar un correo electrónico a difusion@cinenarua.com no que indique os seus datos personais e de contacto, DNI e a aceptación do premio. Asimismo, deberá contactar coa Axencia de viaxes para configurar e canxear o bono.

O gañador comprométese formalmente a enviar a Cine na Rúa unha imaxe do goce do seu premio para que esta imaxe poida ser utilizada por Cine na Rúa para promover os seus concursos, sorteos e outros eventos nas súas redes sociais e web.

Os usuarios comprométense a subir a fotografía a Instagram (como historia ou como publicación), mencionando e etiquetando o perfil oficial de Cine na Rúa.

A entrega do premio realizarase mediante mensaxe directo en Instagram. O gañador terá 48 horas para reclamar o premio.

Se transcorre o tempo indicado para reclamar o premio, o gañador non cumple as bases ou non exerceron o seu dereito con Cine na Rúa en tempo e forma, o premio pasará ao suplente gañador do sorteo.

 

  1. UTILIZACIÓN DO NOME DO GAÑADOR E COMUNICACIÓNS RELACIONADAS CON ESTA PROMOCIÓN

O gañador da promoción consinte expresamente que Mister Misto Production and Services poida usar o seu nome, apelidos, nome de usuario en Twitter/Facebook/Instagram e imaxe en calquera actividade publicitaria, promocional ou de marketing relacionada coa presente promoción iso en calquera medio, sen que ditas actividades se lles confira dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases.

 

  1. CONDICIÓNS DE CARÁCTER XERAL

MISTER MISTO PRODUCTION AND SERVICES resérvase o dereito a non admitir ou excluir aos participantes ou gañadores da presente promoción que facilitaran datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpra o establecido nas presentes bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no caso de que ditos erros ou falsidades impidan a identificación do gañador do premio.

MISTER MISTO PRODUCTION AND SERVICES non se responsabiliza das posibles perdas, deterioros, roubos, retrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento xeral da presente promoción ou que sucedan durante o disfrute do premio.

 

  1. ACEPTACIÓN DAS BASES

A simple participación neste sorteo supón a aceptación plena e incondicional destas Bases, a suxeción á normativa fiscal que resulte de obrigatoria aplicación, así como a sumisión expresa ás decisións interpretativas que das mesmas realice MISTER MISTO PRODUCTION AND SERVICES en canto á resolución de calquera cuestión derivada do sorteo. A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das presentes Bases implicará a exclusión do participante, polo que MISTER MISTO PRODUCTION AND SERVICES quedará liberada de calquera cumprimento e obriga contraídos con dito participante.

 

  1. DESVINCULACIÓN DE FACEBOOK, TWITTER E INSTAGRAM

Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Facebook e é consciente de que está proporcionando a súa información a Mister Misto Production and Services e non a Facebook. A información que proporcione utilizarase para xestionar a participación do participante ou para comunicarlle o premio.

Twitter non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Twitter e é consciente de que está proporcionando a súa información a Mister Misto Production and Services e non a Twitter. A información que proporcione utilizarase para xestionar a participación do participante ou para comunicarlle o premio.

Instagram non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Instagram e é consciente de que está proporcionando a súa información a Mister Misto Production and Services e non a Instagram. A información que proporcione utilizarase para xestionar a participación do participante ou para comunicarlle o premio.

 

  1. CONTACTO

Para consultas de calquera asunto relativo ao sorteo, os usuarios poderán contactar a través do email difusion@cinenarua.com. Ademais, poderán facer consultar relativas ao premio no email info@elsalondetusviajes.com ou por teléfono no (+34) 986 185 995 ou no (+34) 698 127 327.

 

LEMBRA! Non crearemos outras contas para xestionar os resultados dos sorteos, nin para pedir información personal ao gañador. As únicas contas dende as que nos poñeremos en contacto contigo serán:

Facebook: https://www.facebook.com/cinenaruagal

Instagram: @cinenaruagal

Twitter: @cinenaruagal