Un drama xuvenil que esperta
emocións e reflexións nas aulas
A actividade
Levamos o cine aos centros de ensino, contamos con moitos anos de experiencia e con moitas proxeccións realizadas. Programamos contidos audiovisuais tanto para o ensino infantil como universitario. Seleccionando materias, realizando guías didácticas, contratando profesionais por temáticas e fornecendo o pensamento crítico.
Presentámosvos As Neves, un filme ideal para traballar no ensino secundario.
A película mergúllache na historia dun grupo de adolescentes que enfronta decisións cruciais tras un feito traumático e reflexiona sobre o impacto das redes sociais nas súas vidas, mostrando o contraste entre a súa contorna illada e a hiperconectividad dixital. É un relato honesto e actual que fomenta o diálogo na aula.
Sobre a obra
A trama da película céntrase nun grupo de adolescentes en As Neves, un pobo galego de montaña, que celebran una festa de entroido e experimentan co uso de cogomelos. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. O pobo queda incomunicado e sen internet, o que aumenta a urxencia por atopala.
A directora, Sonia Méndez, explica que a película aborda as eleccións e as consecuencias do uso das redes sociais, ao mesmo tempo que retrata a mocidade que, por un lado, vive en contornas pouco comunicadas, rodeadas de natureza e de silencio; e, polo outro, hiperconectada, cun móbil na man que lles permite acceder a unha inxente capacidade de información procedente de todo o mundo.
Por que é ideal para Centros educativos
- Temas de interés xuvenil: a identidade, o dereito a intimidade, as consecuencias das conductas aditivas, as relacións interxeneracionais, a presión social, a pornografía, a amizade, a desigualdade ou os dilemas morais.
- Fomenta o debate e o pensamento crítico.
- Materiais didácticos dispoñibles para docentes.


