NOMADLAND
DIRECCIÓN:
Chloé Zhao
REPARTO:
Frances McDormand, David Strathairn, Linda May, Charlene Swankie, Bob Wells, Gay DeForest e Patricia Grier
DURACIÓN:
108′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Estados Unidos
ANO:
2020
XÉNERO:
Drama – Rural
IDADE:
12+
SINOPSE:
A directora Chloé Zhao está a conseguir cheas de encomios por “Nomadland”, drama que adapta a novela da xornalista Jessica Bruder centrada nos “novos nómades” que viaxan de traballo en traballo no Estados Unidos da recesión económica.
A gañadora do Óscar Frances McDormand ponse na pel de Fern, unha destas nómades que representa outro dos moitos lados escuros do soño americano. Fern e a súa caravana son as grandes protagonistas desta película que nos leva a coñecer lugares pofundos dos Estados Unidos pouco vistos na gran pantalla, e a coñecer a esas outras persoas, nómades como Fern, que se vai cruzando no camiño.
RECOÑECEMENTOS:
Fíxose con 256 premios en todo o mundo, convertíndose Chloé Zhao na primeira muller asiática gañadora dun Oscar á Mellor Dirección e Frances McDormand na primeira muller gañadora dos premios á Mellor Produción e á Mellor Actriz Protagonista pola mesma película.
Dos 256 premios destacan:
Premios Oscar: Mellor Película do Ano, Mellor Actriz Protagonista (Frances McDormand) e Mellor Dirección
Premios BAFTA: Mellor Película, Mellor Actriz Protagonista (Frances McDormand), Mellor Dirección e Mellor Fotografía
AACTA Internacional Awards: Mellor Dirección
Alliance of Women Film Journalists: Mellor Dirección, Mellor Película, Mellor Guión Adaptado, Mellor Actriz (Frances McDormand), Mellor Fotografía e Mellor Montaxe
Golden Globes: Mellor Película – Drama e Mellor Dirección