¡UPSSS 2! ¿Y AHORA DÓNDE ESTÁ NOÉ?

DIRECCIÓN:

Toby Genkel e Sean McCormack

DURACIÓN:

86′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Alemaña e Irlanda

ANO:

2020

XÉNERO:

Infantil – Animación – Aventuras

IDADE:

Todos os públicos

SINOPSE:

O pequeno Finny, un curioso nestriano, e a súa mellor amiga Leah, unha aventureira grym, caen accidentalmente da arca que os ía salvar da fin do mundo. Salvados por un pequeno barril que lles fai manterse a flote, unha forte tormenta os separará. Finny rematará nun recóndito lugar onde coñecerá a outros animais da súa mesma especie, mentres que súa compañeira de viaxe remata nunha paradisiaca illa, pero rodeada de volcáns. Contra todo pronóstico terán que facer todo o posible para volver a atoparse e salvarse mutuamente unha vez máis.

Esta longametraxe de animación é a secuela de ¡Upps! ¿Dónde está Noé?

TRÁILER: