THE BATMAN

DIRECCIÓN:

Matt Reeves

REPARTO:

Robert Pattinson, Zöe Kravitz, Jeffrey Wright, John Turturro, Paul Dano, Colin Farrell, Andy Serkis, Peter Sarsgaard, Jayme Lawson e Con O’Neill

DURACIÓN:

175′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Estados Unidos

ANO:

2022

XÉNERO:

Thriller – Acción – Súper Heroes

IDADE:

12+

SINOPSE:

Despois de dous anos asexando polas rúas da cidade como Batman (Robert Pattinson) e infundindo medo nas mentes perversas dos criminais, Bruce Wayne está sumido nas profundidades das sombras de Gotham City. Este vixilante soitario conta con poucos aliados de confianza -Alfred Pennyworth (Andy Serkis), o tenente James Gordon (Jeffrey Wright)- entre a rede corrupta de oficiais e figuras de perfil alto da cidade. E iso levouno a se converter na única encarnación da vinganza entre os seus concidadáns.

Cando un asasino apunta á elite de Gotham cunha serie de maquinacións sádicas, un rastro de pistas crípticas leva ao Mellor Detective do Mundo a realizar unha investigación no inframundo, onde se cruza con personaxes como Catwoman, O Pingüín, Falcone e Enigma.

RECOÑECEMENTOS:

Premios Oscar: nomeada a Mellor Son, Efectos Visuais e Maquillaxe e Perruquería

Premios BAFTA: 4 nomeamentos, incluidos Mellor Fotografía e Efectos Visuais

Critics Choice Awards: nomeada a Mellor Maquillaxe, Efectos Visuais e Mellor Música

Sindicato de Actores (SAG): nomeada a Mellores Especialistas de Acción

Satellite Awards: nomeada a Mellores Efectos Visuais

TRÁILER: