¡SHAZAM!

DIRECCIÓN:

David F. Sandberg

GUIÓN:

Henry Gayden e Darren Lemke

REPARTO:

Zachary Levi, Asher Angel, Jack Dylan Grazer, Mark Strong, Adam Brody, Djimon Hounsou, Grace Fulton, Meagan Good, Michelle Borth e Ross Butler.

DURACIÓN:

132′

ORIXE:

Estados Unidos

ANO:

2019

XÉNERO:

Acción – Comedia – Infantil – Super Heroes

IDADE:

7+

SINOPSE:

Cando Billy Batson (Angel), un rapaz de acollida de 14 anos que medrou nas rúas, berra a palabra ‘ SHAZAM’, convértese no Superheroe adulto Shazam (Levi), por cortesía dun antigo mago. Dentro dun corpo musculoso e divino, Shazam agocha un corazón de neno. Pero o mellor é que nesta versión de adulto consegue realizar todo o que lle gustaría facer a calquera adolescente con superpoderes: divertirse con eles! Voar? Ter visión de raios X? Disparar un raio coas mans? Saltarse o exame de sociais? Shazam vai poñer a proba os límites das súas habilidades coa inconsciencia propia dun neno. Pero necesitará dominar rapidamente eses poderes para loitar contra as letais forzas do mal que controla o Dr. Thaddeus Sivana (Strong).

TRÁILER: