Maiores de 7 anos e especialmente recomendada para a infancia
SINOPSE:
As cousas tórcense cando Barney, un alumno de secundaria con poucos amigos, recibe un dispositivo conectado dixitalmente, pero con erros no seu funcionamento, que se supón que ten que ser o seu “mellor amigo listo para funcionar”.
Nesta historia de animación, chea de acción, e sucedida na época das redes sociais, un neno e o seu robot descubrirán o marabilloso caos que supón unha verdadeira amizade.