Pride – Orgullo

XÉNERO:

Comedia/Drama

IDADE:

Maiores 7 anos

SINOPSE:

No verán de 1984, cando Margaret Thatcher era primeira ministra, o Sindicato Nacional de Mineiros (NUM) convocou unha folga. Durante a manifestación do Orgullo Gay en Londres, un grupo de lesbianas e homosexuais dedícase a recadar fondos para axudar ás familias dos traballadores, pero o sindicato non acepta o diñeiro. O grupo decide entón entrar en contacto directo cos mineiros e van a unha aldea en Gales. Comeza así a curiosa historia de dúas comunidades totalmente diferentes que se xuntan por unha causa común.

TRÁILER: