Catálogo filmes CNR
PONYO EN EL ACANTILADO
DIRECCIÓN:
Hayao Miyazaki
DURACIÓN:
103′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Xapón
ANO:
2009
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Todos os públicos e especialmente indicada para a infancia
SINOPSE:
Película de animación dirixida por Hayao Miyazaki (El viaje de Chihiro) que xira en torno a Sosuke, un neno de cinco anos que vive xunto a súa familia nunha preciosa casa no alto dun cantil. Un día, mentres o pequeno xoga á beira do mar, coñece a unha peixiña chamada Ponyo que sufriu un accidente e ten a cabeciña atrapada nun frasco.
Sosuke e Ponyo fanse moi amigos. O neno garda á súa amiguiña nun acuario e promételle coidala e protexela para sempre, mentres que Ponyo móstrase cada vez máis fascinada polo mundo humano que acaba de coñecer. Non obstante, a felicidade e os plans dos dous amigos veranse truncados coa chegada do pai da peixiña, Fujimoto, un feiticeiro que nun pasado moi afastado foi humano e agora vive nas profundidades do océano.
Aínda que Fujimoto obriga a Ponyo a volver ao seu fogar, a peixiña ten claro que quere ser humana e escapa para regresar xunto ao seu amigo. Mentres, súas irmás convertíronse en enormes maremotos provocando o terror na vila de Sosuke.
RECOÑECEMENTOS:
Premios da Academia Xaponesa: Mellor Película de Animación e Música
Tokyo Anime Award: Premio á Película de Animación do Ano, Dirección de Arte, Dirección e Historia Orixinal, entre outros.
Festival de Cine de Venecia: Mención Especial e Premio a Dirección segundo a Fundación Mimmo Rotella