PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS

DIRECCIÓN:

Juan Pablo Buscarini

DURACIÓN:

90′

IDIOMA:

Galego

PAÍS:

Arxentina, España

ANO:

2006

XÉNERO:

Animación

IDADE:

Para todos os públicos

SINOPSE:

Lucía vive cos seus pais nun barrio tranquilo. A noite que perde o seu primeiro dente, o Ratiño Pérez non chega a deixarlle a moeda. Lucía preocúpase e sente que algo malo lle sucedeu a Pérez. Así pois, decide emprender a busca de Pérez, axudada polo seu curmán Ramiro. Axiña descubrirán que o Ratiño Pérez vive nun barco onde ten unha factoría moi organizada, onde viven miles de ratos que fan perlas cos dentes que colleitan dos nenos.

RECOÑECEMENTOS:

Premios Goya: Mellor Película de Animación

Premios da Asociación Arxentina de Críticos de Cine: Premio a mellor Longametraxe de Animación

Festival de Cine Latino de San Diego: Premio a mellor Filme de Animación

TRÁILER: