Passengers

DIRECCIÓN:

Morten Tyldum

REPARTO:

Chris Pratt, Jennifer Lawrence, Michael Sheen, Laurence Fishburne, Andy García, Julee Cerda

DURACIÓN:

116′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Estados Unidos

ANO:

2016

XÉNERO:

Ciencia ficción – Romance

IDADE:

Maiores de 7 anos

SINOPSE:

Despois do impacto cun gran meteorito, unha nave interestelar que viaxa en piloto automático a un planeta afastado e que transporta miles de persoas, ten un fallo nunha das cápsulas de hibernación. Como resultado Jim Preston, un dos pasaxeiros, esperta noventa anos antes do final da viaxe. Ao estar completamente só na nave, Jim tenta por todos os medios volver hibernar, pero despois dun ano renuncia. O seu estado mental comeza a vacilar cando empeza a obsesionarse por espertar a Aurora Lane, unha das pasaxeiras dentro da súa cápsula de hibernación.

TRÁILER: