PARA SAMA

DIRECCIÓN:

Waad Al-Kateab e Edward Watts

DURACIÓN:

96′

IDIOMA:

V.O. con subtítulos en Castelán

PAÍS:

Reino Unido e Estados Unidos

ANO:

2019

XÉNERO:

Documental

IDADE:

16+

SINOPSE:

Unha carta de amor dunha nai nova á súa filla. A película conta a historia da vida de Waad Al-Kateab ao longo de cinco anos de guerra en Alepo, Siria. Durante estes cinco anos namora, casa e dá a luz a Sama, mentres un conflito catastrófico se levanta ao seu redor. A cámara captura historias incribles de perda, risas e supervivencia mentres Waad decide se fuxir ou non da cidade para protexer a vida da súa filla, cando irse significa abandonar a loita pola liberdade pola que xa sacrificou tanto.

RECOÑECEMENTOS:

Premios Oscar: nomeada a Mellor Documental

Premios BAFTA: Mellor Documental

Ajyal Youth Film Festival: Mellor Documental

Festival Internacional de Cine Documental de Amsterdam: Premio IDFA do Público

Festival de Documentais de Antenna: Mellor Documental Internacional

Festival Biografilm: Mellor Documental – Competición Internacional

British Independent Film Awards: Mellor Dirección, Mellor Película Independente Británica, Mellor Documental e Mellor Montaxe

Festival de Cine de Cannes: premio Golden Eye

TRÁILER: