DIRECCIÓN:
Domingo D. Docampo
DURACIÓN:
67′
PAÍS:
Galicia, España
XÉNERO:
Documental
SINOPSE:
En 1959, Diotino, empregado de Saltos del Sil, traballaba día e noite para mitigar os efectos dunha riada que facía perigar as presas de Santo Estevo e San Pedro. Os seus veciños, agricultores, seguían coas súas rutinas. Non eran conscientes da catástrofe que rondaba as obras; tampouco da transformación que ían soportar as bisbarras e as súas vidas cando as obras finalizaran.
Un retrato dunha época, a través da retórica das películas de arquivo, dos protagonistas e dunha historiadora, que deixa patente a construción do relato oficial do progreso.
TRÁILER: