MINARI, HISTORIA DE MI FAMILIA

DIRECCIÓN:

Lee Isaac Chung

GUIÓN:

Lee Isaac Chung

REPARTO:

Steven Yeun, Han Ye-ri, Youn Yuh-jung, Alan S. Kim, Noel Cho, Will Patton, Scott Haze, Eric Starkey, Esther Moon, Tina Parker e Darryl Cox

DURACIÓN:

115′

ORIXE:

Estados Unidos

ANO:

2020

XÉNERO:

Drama – Rural (EE.UU.) 

IDADE:

7+

SINOPSE:

A mediados dos 80, unha familia coreano-estadounidense múdase a unha pequena granxa de Arkansas en busca do soño americano. O fogar familiar cambia por completo coa chegada da avoa, astuta, malfalada pero incriblemente cariñosa. Ante a inestabilidade e os desafíos desta nova vida, cada membro da familia descubrirá que o seu vínculo incondicional é a forza que necesitan para saír adiante. Unha tenra historia sobre o que nos arraiga ás orixes.

RECOÑECEMENTOS:

Conta con 121 premios e 247 nomeamentos. Algúns dos premios son:

Premios OSCAR: premio a Mellor Actriz de Reparto (Youn Yuh-jung) e 5 nomeamentos máis

Premios BAFTA: premio a Mellor Actriz de Reparto (Youn Yuh-jung)

Critics Choice Awards: premios a Mellor Actor Novel (Alan Kim) e Mellor Película en Lingua Estranxeira

Festival Internacional de Cine de Dublín: premio a Mellor Guión

TRÁILER: