+ CUÑADOS

DIRECCIÓN:

Lui Avilés Baquero

REPARTO:

Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Xosé A. Touriñán, María Vázquez, Eva Fernández, Iolanda Muiños, Manuel Cortés, Mela Casal.

DURACIÓN:

90′

IDIOMA:

Galego

PAÍS:

Galicia, España

ANO:

2024

XÉNERO:

Comedia

IDADE:

Maiores de 12 anos

SINOPSE:

O Entroido chegou, e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán.

Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do botín que caeu do ceo. Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun membro máis da familia. Un cuñado máis.

A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués) en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que acabará cun cadáver no medio da ponte internacional de Tui e que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.

TRAILER: