LUNANA. UN YAK EN LA ESCUELA

DIRECCIÓN:

Pawo Choyning Dorji

REPARTO:

Kelden Lhamo Gurung, Sonam Tashi, Tshering Dorji, Ugyen Norbu Lhendup, Sherab Dorji, Keldon Lhamo Gurung, Pem Zam e Chimi Dem

DURACIÓN:

110′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Bután

ANO:

2022

XÉNERO:

Drama – Infantil – Rural

IDADE:

Para todos os públicos

Especialmente recomendada para a infancia

SINOPSE:

Ugyen é un profesor novo en Bután, que elude os seus deberes mentres planea ir a Australia para se converter en cantante. Como reprimenda, os seus superiores envíano á escola máis remota do mundo, unha aldea glacial do Himalaia chamada Lunana. Desesperado, quere abandonar e marcharse canto antes pero, pouco a pouco, vese conquistado pola sinxeleza, bondade e ganas de aprender dos pequenos e as súas familias, cos que formará unha fermosa relación.

Pawo Choyning Dorji debuta na dirección ofrecendo unha historia carismática sobre as tradicións e unha reflexión sobre a docencia e a figura do profesor. Rodada en fermosísimas localizacións, a maioría dos actores son pastores locais que nunca viron o mundo máis alá da súa aldea. Unha viaxe emocional que tocará o corazón.

RECOÑECEMENTOS:

Palm Springs Film Festival: Premio do Público

Premios Oscar: nomeada a Mellor Película Internacional

TRÁILER: