LEJOS DEL MUNDANAL RUIDO

DIRECCIÓN:

Thomas Vinterberg

REPARTO:

Carey Mulligan, Matthias Schoenaerts, Michael Sheen, Tom Sturridge, Bradley Hall, Juno Temple, Sam Phillips, Tilly Vosburgh, Hilton McRae e Jody Halse

DURACIÓN:

119′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Reino Unido

ANO:

2015

XÉNERO:

Drama – Romance

IDADE:

Maiores de 7 anos

Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero

SINOPSE:

A independente, nova e intelixente Bathsheba Everdene gaña a vida coidando unha granxa máis ben modesta. O novo e próspero gandeiro Gabriel Oak namora dela e proponlle matrimonio, pero Bathsheba quere ser libre e non acepta o seu ofrecemento. Con todo, o destino cambia a fortuna de ambos, pois ela herda do seu tío a maior granxa da localidade e el perde nun accidente os seus bens, tendo que gañarse a vida como xornaleiro, a quen ela contrata. A nova posición de Bathsheba déixaa en situación de elixir entre os tres pretendentes que a roldan: Gabriel Oack, Frank Troy, un experimentado e temerario sarxento, e William Boldwood, un maduro e rico solteiro.

Baseada na clásica novela homónima de Thomas Hardy.

TRÁILER: