Catálogo filmes CNR
LA VIDA DE CALABACÍN
DIRECCIÓN:
Claude Barras
DURACIÓN:
64′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Suiza
ANO:
2016
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Para todos os públicos
SINOPSE:
Calabacín é un nome raro para un neno de 9 anos, aínda que a súa historia é sorprendentemente universal. Trala repentina morte de súa nai, Calabacín faise amigo dun simpático policía, Raymond, que o acompaña ao seu novo fogar de acollida con outros orfos da súa idade. Calabacín loita ao comezo por adaptarse a este ambiente estraño e hostil. Coa axuda de Raymond e dos seus novos amigos, Calabacín aprenderá a amar e a confiar nos outros.
Unha aposta diferente, valente e pedagóxica de cine para nenos e nenas.
RECOÑECEMENTOS:
Festival de Annecy: Mellor Película e Premio do Público
Premios Oscar: Nomeamento na categoría de mellor Película de Animación e candidata de Suiza como Película de Fala Non Inglesa
Premios do Cine Europeo: Mellor Película de Animación
Festival de Cine de Zúrich: Premio a mellor Película Infantil
Festival de Cine de Angulema: Premio a mellor Película
Festival Internacional de Cine de San Sebastián: Premio do Público e Mellor Filme Europeo
Premios LUX: Finalista na categoría de mellor Película Europea do Ano
Globos de Oro: Nomeamento na categoría de mellor Película de Animación
Feira do Libro de Frankfurt: Premio a mellor Adaptación Cinematográfica Infantil-Xuvenil do Ano