La Tienda de los Horrores
XÉNERO:
Comedia
IDADE:
Maiores de 7 anos
SINOPSE:
Seymour, un mozo dependente dunha florería, está namorado da súa compañeira Audrie, pero ela sae cun sádico dentista. Un día, xusto despois dunha estraña eclipse, Seymour compra unha pequena planta, á que bautiza como Audrie II. A planta comezará a moverse e mesmo a falar con Seymour, de forma que se converte nunha atracción para a cidade. O que ninguén sabe é que se trata dun ser abominable que se alimenta de sangue humano.