Catálogo filmes CNR
KLAUS
DIRECCIÓN:
Sergio Pablos
DURACIÓN:
96′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
España
ANO:
2019
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Para todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia
SINOPSE:
A Jesper (voz de Quim Gutiérrez), o peor estudante da academia postal, envíano a Smeerensburg, unha xélida illa máis alá do Círculo Polar Ártico, onde os seus conflitivos habitantes apenas intercambian palabras e, moito menos, cartas. Jesper está a punto de rendirse cando atopa unha aliada, Alva (Belén Cuesta), a profesora da vila. Tamén descobre a Klaus (Luis Tosar), un misterioso carpinteiro que vive illado nunha cabana repleta de xoguetes feitos a man. Estas improbables amizades traerán a alegría de novo a Smeerensburg, e crearán un novo legado de veciños xenerosos, lendas máxicas e calcetíns colgados con cariño nas chemineas.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Oscar: Nomeamento a mellor Película de Animación
Premios BAFTA: Mellor Película de Animación
Premios Annie: Gañadora de 7 premios entre os que está a de mellor Película de Animación