JUNO
DIRECCIÓN:
Jason Reitman
REPARTO:
Elliot Page, Michael Cera, Jennifer Garner, Jason Bateman, Allison Janney, J.K. Simmons, Olivia Thirlby, Eileen Pedde, Rainn Wilson e Daniel Clark
DURACIÓN:
92′
ORIXE:
Canadá
ANO:
2007
XÉNERO:
Comedia
IDADE:
Maiores de 13 anos
SINOPSE:
Juno Macguff ten 16 anos e é, segundo os adultos, máis intelixente do que lle convén. É enxeñosa, culta, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo non é máis que unha coraza para ocultar os seus medos e dúbidas. Por mor da relación cun compañeiro de clase queda embarazada. E, como él se desentende do problema, Juno toma unha decisión que conta coa aprobación da súa familia: terá o neno e darao en adopción. Despois haberá que atopar uns pais adoptivos adecuados. Mark e Vanessa parecen os pais ideais. Pero resulta que Mark e Juno comparten demasiadas afecións e parecen entenderse moi ben dende o principio.
RECOÑECEMENTOS:
Premios OSCAR: Mellor Guión Orixinal
Premios BAFTA: Mellor Guión Orixinal
Premios de Comedia de Canadá: Mellor Dirección e Actuación Protagonista (Elliot Page)
Critics Choice Awards: Premio a Mellor Guionista e Película de Comedia
Premios GRAMMY: Mellor Compilación de Banda Sonora para unha película
MTV Movie & TV Awards: Premio a Mellor Actuación (Elliot Page)
Premios Satellite: Mellor Actuación (Elliot Page), Película e Mellor Guión Orixinal