JACINTO

DIRECCIÓN:

Javi Camino

REPARTO:

Pedro Brandariz, Ánxela Baltar, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buitrón e Corinna Rautenberg.

DURACIÓN:

95′

IDIOMA:

Galego

PAÍS:

Galicia, España

ANO:

2021

XÉNERO:

Terror – Rural

IDADE:

16+

SINOPSE:

Jacinto é un neno de nove anos pechado no corpo dun home que está preto dos cincuenta. Vive cos seus anciáns pais en Mallou, unha vila en ruinas no medio das montañas de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan. Jacinto fabricou un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana, dúas escuras artistas black metaleras que veñen desde Suecia en busca dun lugar tranquilo onde grabar o novo disco da súa banda “Tardigrades”. Os mundos de ambas familias non poderían ser máis diferentes, e non tardan en darse os primeiros roces e problemas. Jacinto ten moi claro que Mallou é demasiado pequeno para os cinco. Igual que nas películas, ten que elaborar un plan para facer desaparecer ás recén chegadas e traer a paz á súa familia.

RECOÑECEMENTOS:

Austin Film Festival: Mellor Longametraxe “Dark Matters”

GenreBlast Film Festival: Mellor Longametraxe de Medianoite e Mellor Actor de Reparto (Juanma Buitrón)

Premios Mestre Mateo: Mellor Actor (Pedro Brandariz), Mellor MUA (Lorena Calvo), Mellor Deseño de Vestiario (Lorena Calvo) e Mellor Dirección de Arte (Samuel Lema)

Festival de Sitges: Premio do Público.

TRÁILER: