IT. CAPÍTULO 2
DIRECCIÓN:
Andy Muschietti
GUIÓN:
Gary Dauberman
REPARTO:
Jessica Chastain, James McAvoy, Isaiah Mustafa, James Ransone, Bill Skarsgård, Jay Ryan, Bill Hader, Andy Bean, Xavier Dolan e Will Beinbrink
DURACIÓN:
169′
ORIXE:
Estados Unidos
ANO:
2019
XÉNERO:
Terror – Thriller
IDADE:
18+
SINOPSE:
Pasaron case 30 anos dende que o “Club dos Perdedores”, formado por Bill, Berverly, Richie, Ben, Eddie, Mike e Stanley, se enfrontara ao macabro e desapiadado Pennywise (Bill Skarsgård). En canto tiveron oportunidade, abandonaron a vila de Derry, no estado de Maine, que tantos problemas lles ocasionara.
Con todo, agora, sendo adultos, parece que non poden escapar do seu pasado. Todos deberán enfrontarse de novo ao temible paiaso para descubrir se de verdade están preparados para superar os seus traumas da infancia.
RECOÑECEMENTOS:
Academia de Cine de Ciencia Ficción, Fantasía e Terror: premio a Mellor Actor de Reparto (Bill Hader). 4 nomeamentos máis
Premios Fright Meter: premios a Mellor Actor (James McAvoy), Mellor Actor de Reparto (Bill Hader), Mellor Maquillaxe e Mellor Casting. 8 nomeamentos máis