Catálogo filmes CNR

Gracias a Dios

DIRECCIÓN:

François Ozon

REPARTO:

Melvil Poupaud, Denis Mènochet, Eric Caravaca, Josiane Balasko, Swann Arlaud

DURACIÓN:

137′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Francia

ANO:

2019

XÉNERO:

Drama

IDADE:

Maiores de 12 anos

SINOPSE:

Alexandre vive en Lyon coa súa esposa e fillos. Por casualidade, decátase de que o sacerdote que abusou del cando era un boy scout segue traballando con nenos. Lánzase a un combate ao que se unen François e Emmanuel, outras vítimas do sacerdote, co fin de liberarse dos seus sufrimentos a través da palabra. Pero as repercusións e consecuencias dos seus testemuños non deixarán a ninguén indemne. Baseada no caso real de Bernard Preynat, sacerdote da Diocese de Lyon, acusado en 2016 de abusar sexualmente de decenas de nenos.

RECOÑECEMENTOS:

Premios César: Mellor Actor Secundario (Swann Arlaud)

Festival Internacional de Cine de Berlín: Gran Premio do Xurado

TRÁILER: