En 2015, ao cantante Pau Donés, de “Jarabe de Palo”, diagnostícanlle un cancro co que conviviu durante 5 anos. Vinte días antes de morrer chamou ao seu amigo Jordi Évole dende o hospital, e díxolle: “Quédanme moi pouquiños días de vida e quero pasalos na miña casa do Val de Arán. Gustaríame que subises, puidésemos ter unha charla, que a graves e fagas con ela o que queiras”. “Eso que tú me das” é o resultado desa charla.