Catálogo filmes CNR
Elf
DIRECCIÓN:
Jon Favreau
REPARTO:
Will Ferrel, James Caan, Mary Steenburgen, Edward Asner, Zooey Deschanel
DURACIÓN:
99′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Estados Unidos
ANO:
2003
XÉNERO:
Comedia
IDADE:
Todos os públicos
SINOPSE:
Unha véspera de Nadal, nun orfanato, un bebé gatea nunha bolsa de agasallo de Papá Noel e acaba no seu taller no polo norte. É adoptado e criado coma un elfo, pero ao medrar tórnase o triplo dos demais. Nestas circunstancias, decídese que o mellor para el será atopar á súa familia. Con esta intención, viaxa a Nova York, onde descubrirá que a vida non consiste só en patinar e comer doces; polo que se sente de novo fóra de lugar. Primeiro consegue atopar ao seu pai, un editor de libros infantís, adicto ao traballo e ao diñeiro, que está incluído na lista negra de Papá Noel. Entón atopa unha nova nai e descobre que o seu medio irmán de dez anos non cre nos elfos nin no Papá Noel nin no Nadal. En realidade, todo o mundo parece esquecer a importancia desa festa. Cando se achega o Nadal, o noso personaxe decide aproveitar o seu coñecemento do mundo dos elfos para gañar o amor da súa familia e, ademais, salvar o espírito do Nadal tanto en Nova York como no resto do mundo.