EL INGLÉS QUE COGIÓ UNA MALETA Y SE FUÉ AL FIN DEL MUNDO

DIRECCIÓN:

Gillies MacKinnon

REPARTO:

Timothy Spall, Phyllis Logan, Grace Calder, Brian Pettifer, Colin McCredie, Celyn Jones, Garry Sweeney, Kevin Mains, Iain Robertson e Marianne McIvor.

DURACIÓN:

86′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Reino Unido

ANO:

2021

XÉNERO:

Drama – Rural

IDADE:

7+

SINOPSE:

Tom Harper (Timothy Spall), un xubilado de 90 anos cuxa esposa acaba de falecer, embárcase nunha emocionante travesía. Deixará atrás a illada vila na que vive desde fai cincuenta anos, situada no punto máis ao norte de Gran Bretaña, para viaxar ata a súa cidade natal, no extremo máis ao sur do país, utilizando para iso o seu pase gratuíto de autobús. O intrépido protagonista prantaralle cara ao tempo, á idade e ao destino con tal de cumprir a promesa que lle fixo á súa esposa Mary (Phyllis Logan). Regresando ao seu pasado, Tom descubrirá o mundo moderno e unha diversidade multicultural británica que ata entón descoñecía. No camiño, as súas aventuras serán rexistradas polas persoas que coñece e axuda, e ao final da súa viaxe, sen sabelo, converteuse nunha ‘ celebrity’ das redes sociais.

RECOÑECEMENTOS:

Bari International Film Festival: gañadora ao premio a Mellor Actor (Timothy Spall)

TRÁILER: