El gordo y el flaco (Stan & Ollie)

DIRECCIÓN:

Jon S. Baird

REPARTO:

Steve Coogan, John C. Reilly, Danny Huston, Shirley Henderson, Nina Arianda

DURACIÓN:

97′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Reino Unido

XÉNERO:

Comedia

IDADE:

Todos os públicos

SINOPSE:

Stan e Ollie, coñecidos en español como “El gordo y el flaco”, emprenden a súa xira de despedida agora que a súa época dourada parece estar ancorada no pasado. Coa axuda das súas respectivas esposas, conseguen conquistar o público dos cines do Reino Unido grazas á súa peculiar forma de interpretar e entender o mundo.

Este biopic afonda na personalidade de ambos personaxes e nas circunstancias persoais que os converteron en lendarios personaxes cómicos.

RECOÑECEMENTOS:

Asociación de Críticos de Boston: Premio ao mellor Actor (John C. Reilly)

Premios BAFTA: Nomeado a mellor Filme Británico, Actor (Steve Coogan) e Maquillaxe e Perruquería

TRÁILER: