EL AÑO DEL DESCUBRIMIENTO

DIRECCIÓN:

Luis López Carrasco

DURACIÓN:

200′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

España e Suiza

ANO:

2020

XÉNERO:

Documental

IDADE:

12+

SINOPSE:

En 1992 suceden en España dous eventos fundamentais: os Xogos Olímpicos de Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla, ligada á celebración do V Centenario do Descubrimento de América. Dez anos despois da subida ao poder do PSOE de Felipe González, España aparece ante a comunidade internacional como un país efervescente, moderno e civilizado. Unha futura potencia económica mundial. Non obstante, en Cartagena, os disturbios e protestas polo peche de fábricas e o desmantelamento industrial adquiren unha violencia crecente ata rematar co incendio do parlamento rexional con cócteles Molotov.

RECOÑECEMENTOS:

Premios Goya: Mellor Documental e Mellor Montaxe

Festival de Mar de Plata: Mellor Película

Festival de Sevilla: Gran Premio do Xurado

Premios Forqué: Mellor Documental

Premios Feroz: Mellor Documental. 4 nomeamentos

Festival Internacional de Cine de Bogotá: Mellor Película

Festival Internacional de Rotterdam: Sección Oficial

Premios Platino: nomeada a Mellor Documental

TRAILER: