DUNE

DIRECCIÓN:

Denis Villeneuve

GUIÓN:

Jon Spaihts, Denis Villeneuve e Eric Roth

REPARTO:

Timothée Chalamet, Rebecca Ferguson, Oscar Isaac, Josh Brolin, Jason Momoa, Stellan Skarsgård, Zendaya, Javier Bardem, Sharon Duncan-Brewster e Charlotte Rampling

DURACIÓN:

155′

ORIXE:

Estados Unidos

ANO:

2021

XÉNERO:

Ciencia Ficción – Aventuras – Drama

IDADE:

12+

SINOPSE:

No Ano 10.191 o desértico planeta Arrakis, feudo da familia Harkonnen dende fai xeracións, queda en mans da Casa dos Atreides por orde do emperador. Con iso cédelles a explotación das reservas de especia, a materia prima máis valiosa da galaxia, necesaria para as viaxes interestelares e tamén unha droga capaz de amplificar a conciencia e estender a vida. O duque Leto (Óscar Isaac), a dama Jessica (Rebecca Ferguson) e o fillo de ambos, Paul Atreides (Timothée Chalamet), chegan a Arrakis coa esperanza de manter o bo nome da súa casa e ser fieis ao emperador, pero pronto se verán envoltos nunha trama de traizóns e enganos que os levará a cuestionar a súa confianza entre os seus máis achegados e a valorar aos aldeáns, os Fremen: unha estirpe de habitantes do deserto cunha estreita relación coa especia.

RECOÑECEMENTOS:

Fíxose con 168 premios e 281 nomeamentos. Dos premios destacan:

Premios OSCAR: 6 premios entre os que están premio a Mellor Son, Mellores Efectos Visuais e Mellor Fotografía

Premios BAFTA: 5 premios entre os que destacan premio a Mellor Fotografía, Mellor BSO e Mellor Son

TRÁILER: