Donkey Xote

XÉNERO:

Animación

IDADE:

Todos os Públicos

SINOPSE:

E se a aventura de Don Quixote non fose como nola contaron sempre? Chegou a hora de que Rucio, o burro máis aventureiro, vándalo e bravo de toda Castela cóntenos a verdadeira historia. Farto da vida contemplativa que todos levan na Mancha, Rucio non dubida nin un segundo cando se presenta a oportunidade de vivir unha aventura sen límites: o Caballero da Media Luna retou a Don Quixote a un duelo en Barcelona. O máis difícil: convencer a Rocinante, un cabalo que non fai honra á súa estirpe e que prefire tombarse á paparrandona que trotar pola estepa castelá. O aínda máis difícil: esquivar a toda unha variada galería de perigos durante a súa viaxe a Barcelona: donicelas espías, falsas Dulcineas, duques histéricos… e o maior dos perigos, o misterioso Sinistro. E é que non é fácil ser un heroe nestes tempos… como non o é para un burro ser un cabalo, ou para un galo ser un gardacostas. Ou para un tolo, un cabaleiro. Menos aquí. Aquí si que todo isto é posible. Isto e moito máis. Conseguirán Rucio e Rocinante chegar ao seu destino? E unha vez alí, vencerán ao misterioso Caballero da Media Luna? Nalgún lugar da Mancha… empeza a verdadeira aventura

TRÁILER: